Cantigas Do Viño
By A Roda · Writer: A Roda
Original: →Translation:
Translation by panzas
Original lyrics

Bota viño do ribeiro,
Taberneiro bota viño, bota viño do ribeiro
Quen galicia pra cantar-e, temos que beber primeiro,
Temos que beber primeiro,
Ai elelo, ai elalo.

O viño do ribeiro eu non sei que lle fan,
Que canto mais del bebes mais ganas del che dan,
Mais ganas del che dan, (bis)
O viño do ribeiro eu non sei que lle fan.

Ribeira, ribeira sacra, ai ribeira do meu amor-e, (bis)
O viño da ribeiriña conquistoume o corazón-e (bis)

Na ribeira sacra o viño tamén
Ten sona de abondo, ten un eu non sei que
Ten un eu non sei que, (bis)
Na ribeira sacra o viño tamén.

O viño de valdeorras e viño que fai cantar-e
Se bebes moito de noite sábeche pola mañan-e
Sábeche pola mañan-e.

O viño de valdeorras delicias do corazón
Se bebemos un groliño cantaremos a seu son
Cantaremos a seu son, (bis)
O viño de valdeorras delicias do corazón.

Bebín un viño albariño por ver si me consolaba (bis)
I o viño, como era novo, i o viño
I o viño como era novo o ilo a beber choraba (bis)

Beber albariño que bonito e
Que nas rías baixas orgullo che e
Orgullo che e, (bis)
Beber albariño que bonito e.
(bis)

Comments (0)
Sign in to comment.