🎵SongsTraducidas

Bos Amores

By Narf · Writer: Narf

Original: Translation:

Translation by panzas

Original lyrics

<p>Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen Nunha mañán de maio, hai amores soaves Que n’inda vir se sinte, nin se ve cando entraren Pola mimosa porta que o corazón lles abre De seu, cal se abre no agosto A frol ó orballo da tarde</p><p>E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares Brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles En nós encarnan puros, corren coa nosa sangre I os ermos reverdecen do esprito onde moraren Busca estes amores, búscaos Si tes que chos poida dare Que éstes son sóio os que duran Nesta vida de pasaxen</p>

Comments (0)

Sign in to comment.